ARDORA FORMACIÓN Y SERVICIOS, S. COOP. GALEGA é unha cooperativa de traballo asociado que nace coa pretensión de desenvolver ideas e proxectos propios, aplicando unha metodoloxía de traballo xa definida e priorizando a conciliación da vida familiar, laboral e persoal das persoas socias e traballadoras da empresa.
A nosa cooperativa está formada por un equipo multidisciplinar sostido por profesionais das ciencias experimentais e sociais, con experiencia laboral no apoio ás explotacións pesqueiras e marisqueiras, de servizos auxiliares así como no ámbito da consultaría, formación medioambiental e de prevención de riscos laborais.
Dentro da política da empresa préstase especial atención a accións destinadas a implantar diferentes estratexias encamiƱadas á mellora da calidade de vida das persoas que forman parte da empresa.
ARDORA FORMACIÓN Y SERVICIOS, S. COOP. GALEGA foi galardoada polo Consello Galego de Cooperativas co Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo 2007.
Ana Isabel Perez López (656 88 55 08)
Teresa Rivas Grande (678 75 90 79)