ARDORA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Ardora é unha cooperativa de traballo formada por un equipo multidisciplinar de profesionais das ciencias experimentais e sociais con formación específica e probada experiencia na prestación de servizos de formación e consultoría de proxectos.

Somos unha empresa de economía social, na que prima o traballo de calidade e o desenvolvemento sostible. Cremos na intercooperación e colaboramos habitualmente cunha rede de pemes e profesionais independentes que nos permite acometer proxectos de amplas dimensións.

Levamos máis de vinte anos traballando no asesoramento e mellora da capacitación profesional en sectores produtivos e no apoio a procesos de participación social. Estamos especializadas no sector maritimo pesqueiro e traballamos tanto en España como noutros países, prestando servizos a entidades públicas e privadas.

 

EQUIPO

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

TERESA RIVAS

Licenciada en Ciencias Económicas. Formada en xestión e coordinación de proxectos, economía social, recursos humanos e innovación.

Encárgase da coordinación de tarefas e xestión de equipos en proxectos nacionais e internacionais para a Administración Pública e outras entidades. Conta cunha ampla bagaxe na xestión con colectivos para a captación e dinamización de público asistente a eventos.

Actualmente forma parte da Comisión Social de Coop57 Galicia, cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios.

 

ANA PÉREZ

Licenciada en Ciencias do Mar, especialidade de Medio Ambiente e Contaminación Mariña. Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais e Técnico en Seguridade Alimentaria.

Leva máis de vinte anos traballando estreitamente coas entidades representativas do sector marítimo pesqueiro e da cadea mar-industria en proxectos de mellora de procesos, organización interna, comercialización e posta en valor de produtos, xestión pesqueira, promoción de seguridade e saúde, igualdade de oportunidades e capacitación técnica.

Ocúpase do deseño e desenvolvemento de proxectos e da área de prevención de riscos laborais. Ademais aporta á cooperativa a súa bagaxe profesional na dinamización de grupos de debate e coordinación de mesas de traballo.

 

RITA PESQUEIRA

Licenciada en Bioloxía e Colexiada no Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. Formación en sistemas APPCC e Xestión de Calidade. Experta na elaboración de manuais APPCC e programas de prerrequisitos de hixiene, e autorizada pola Consellería de Sanidade para a impartición de formación en hixiene e manipulación de alimentos.

A súa traxectoria profesional está estreitamente vinculada co desenvolvemento de proxectos ligados á economía azul, tanto na pesca local como en programas de cooperación internacional. O seu ámbito de especialización inclúe a xestión pesqueira, certificación medioambiental, calidade e trazabilidade de produtos alimentarios.

 

MARÍA BUSTABAD

Licenciada en Bioloxía e en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, orientación Industrias. Máster en Nutrición e  Endocrinoloxía.

Aporta a súa experiencia profesional en auditorías adquirida como responsable de calidade e seguridade alimentaria na industria, así como na formación e asesoramento nutricional tanto na industria como en centros sanitarios.

Encárgase da área de tecnoloxía alimentaria, nutrición, seguridade e hixiene alimentaria.

 

PURI ALFONSO

Licenciada en Ciencias do Mar, especialidade Recursos Vivos.

A súa bagaxe profesional inclúe a capacitación de persoal técnico en xestión pesqueira e xestión da calidade en distintos países, con especial relevancia da formación a colectivos de mulleres e promoción da igualdade. O desenvolvemento de programas de xestión e educación ambiental, a transferencia de competencias dixitais para o sector pesqueiro, e a posta en valor do patrimonio marítimo material e inmaterial forman parte da súa traxectoria.

Apoia ao equipo na execución de proxectos, comunicación dixital e análise de datos.

 

RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


A nosa filosofía de traballo é un reflexo dos valores cooperativos e dos principios que deben guiar a conduta da nosa sociedade cooperativa e das persoas que a integran.

RECOÑECEMENTOS E MENCIÓNS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

PREMIO 2022 JUANA INSPIRADORA
Na 1ª Edición
dos Premios Juana Millán, ARDORA FORMACIÓN Y SERVICIOS, S. Coop. Galega fomos galardoadas na categoría de "Juana Inspiradora", premio honorífico a 18 anos de traxectoria onde prima a colaboración e a economía social.

PREMIO MULLERES FEMUPO 2021
Outorgado pola Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (FEMUPO)
.

PREMIO CONTA CON ELAS
Outorgado no 2008 pola Mancomunidade de Vigo dentro do Programa Reemprende.

PREMIO AO MELLOR PROXECTO COOPERATIVO
Outorgado no 2007 polo Consello Galego de Cooperativas.