Axenda 2030 no eido local

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén realizando desde 2017 diversos foros para promover a implementación da Axenda 2030 no eido local, achegando exemplos de boas prácticas do panorama internacional que resulten inspiradores para os municipios galegos. Ao tempo, impulsou diversas accións para dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, como a exposición de viñetas 'Os ODS. Un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades alá e acola', ou vistosos materiais promocionais como axendas, pins e pulseiras, entre outras actividades.

Nas últimas semanas celebrouse a primeira rolda dos obradoiros “Todos os ODS son locais” en distintos municipios, nos que participaron persoal técnico, representantes políticos, e representantes do tecido asociativo local que se reuniron para facer propostas para a implementación da Axenda 2030.

A nosa compañeira Rita Pesqueira tivo a ocasión de participar no obradoiro desenvolvido hoxe na Deputación de Pontevedra, no que se identificaron distintos ODS, exemplos de boas prácticas en concellos galegos e se presentou a Guía “Todos os ODS son locais”

Para máis información, preme aquí.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar