O 27 de outubro Ardora obtivo o certificado de empresa familiarmente responsable, certificado efr® microentidad de acordo co documento efr 1000 – 5 edic.3. Iniciamos o procedemento de certificación efr para continuar coas medidas adoptadas por Ardora en materia de conciliación, así como revisar e actualizar as mesmas. Nos próximos anos, seguiremos desenvolvendo o modelo completando o mesmo con máis requisitos voluntarios.
O certificado de empresa familiarmente responsable (efr) é un movemento internacional que nace en 2003 e que, formando parte da RSE, ocúpase de avanzar en materia de responsabilidade e respecto de cara a conciliación da vida persoal familiar e laboral. Responde a unha nova cultura sociolaboral e empresarial baseada na flexibilidade, no respecto e no compromiso mutuos. A Fundación Másfamilia é a propietaria do esquema privado de certificación efr, único en conciliación.
A certificación efr de Fundación Másfamilia foi recoñecida polas Nacións Unidas e polo programa Interreg Europe como «Good practice» por impulsar políticas de xestión de conciliación dentro das empresas, considerando as necesidades das persoas empregadas.
Máis información aquí