Participamos na Xornada de Resultados de ES-MENTORING

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Programa piloto creado por EspazoCoop, Agaca e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para aconsellar e guiar ás empresas de economía social mentorizadas para o desenvolvemento dos seus proxectos de economía social.

Nesta xornada participaron María Jesús Lorenzana, Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Covadonga Toca, Secretaria Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop e Higinio Mougán, Xerente de Agaca, quen salientaron os importantes resultados e obxectivos alcanzados nesta primeira edición de Es-Mentoring.

O Proxecto ES-MENTORING, é unha iniciativa de mentorización novidosa desenvolvida conxuntamente Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca e Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas, co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade co fin de apoiar e consolidar as entidades de economía social galega.

Es-Mentoring pecha a edición 2022 con 18 empresas cooperativas e 2 asociacións do terceiro sector como participantes, un programa para crecer e consolidar a súa actividade.

Formamos parte dunha rede conformada por máis de 50 persoas mentoras na economía social que comparte os seus coñecementos para implementar melloras nas entidades.

Para saber mais clica aquí.