A Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais obriga ás empresas a formar e informar aos traballadores e traballadoras sobre a prevención de riscos, así como a tomar as medidas oportunas para garantir a súa seguridade e saúde. Este curso básico de prevención de riscos laborais de 30 horas de duración habilita para exercer funcións básicas en empresas que non estean incluídas no anexo IV do Regulamento dos servizos de prevención. Estas funcións inclúen favorecer e promover comportamentos seguros na empresa, facer seguimento de actuacións preventivas básicas (orden, limpeza e sinalización), realizar evaluacións elementais de riscos e colaborar na súa evaluación e control, e actuar en caso de emerxencia e primeiros auxilios.