Mediante sesións teórico prácticas, levarase a cabo unha identificación dos accidentes e doenzas profesionais que sofren os profesionais do mar e aprenderase a tramitar correctamente as doenzas ante os organismos competentes. Ademais, amosarase como realizar unha reclamación de determinación de continxencia cando os accidentes e enfermidades profesionais non foran recoñecidos no documento de baixa. Explicaranse os principais trastornos músculo esqueléticos asociados ás actividades do mar e amosaranse boas prácticas para previlos.
Interésache este curso? Contacta connosco.
QUERO SABER MÁIS