A integración das redes sociais na vida persoal e profesional é un feito. A día de hoxe son unha ferramenta máis para a venda e promoción dos produtos do mar, e para a xestión e comunicación a nivel persoal, profesional e asociativo. O alumnado deste curso aprenderá a crear un perfil persoal e profesional en redes sociais e a xestionalo, con pautas para un uso seguro e respectuoso.