A xestión de alérxenos debe ser unha parte integrante da xestión alimentaria, desde a produción e subministro de materias primas ata o produto acabado. Para lograr un alto nivel de protección da saúde dos consumidores e garantir o seu dereito á información, débese velar por que os consumidores estean debidamente informados respecto aos alimentos que consumen. Todos os integrantes da cadea de comercialización e distribución de produtos do mar deben coñecer os requisitos e as responsabilidades que rixen a información alimentaria e, en particular, o etiquetado dos alimentos.