Hixiene e manipulación dos produtos da pesca

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Aquelas persoas que, pola súa actividade laboral, teñen contacto directo cos alimentos na súa extracción, produción, preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda, subministro e servizo deben ter coñecementos e formación sobre os requisitos a cumprir no relativo ás boas prácticas de manipulación e hixiene cos alimentos. O obxectivo deste curso é a formación e sensibilización en hixiene e manipulación dos produtos da pesca, así como demostrar a importancia de medidas de control e prevención encamiñadas á diminución de perigos e contaminacións neste tipo de alimentos. O curso conterá unha parte práctica que demostrará a importancia de traballar baixo unhas boas prácticas. 

 

Interésache este curso? Contacta connosco.