Internet aplicado ao sector marisqueiro

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A día de hoxe, os trámites administrativos en liña están á orde do día. Desde solicitar unha vida laboral a coñecer as cotizacións en lonxa ou buscar información sobre axudas ou subvencións todo está na rede. Ademais, Internet é unha ferramenta esencial para comercialización de produtos do mar, a comunicación con clientes e a promoción dos produtos pesqueiros. Por tanto, ou nos formamos nese ámbito ou quedaremos excluidos, perdendo oportunidades de negocio e dependendo de terceiras persoas para a vida profesional e persoal. Este curso básico proporcionará ao alumnado as ferramentas para navegar pola rede, crear un correo electrónico, encher formularios en liña, crear e empregar un perfil nas redes sociais e realizar trámites básicos.

 

Interésache este curso? Contacta connosco.