A intercooperación está no noso ADN. Como cooperativa de traballo levamos a cabo proxectos en colaboración con outras empresas e entidades asociativas.
Formamos parte da Unión de Cooperativas de Galicia EspazoCoop, entidade de referencia do cooperativismo e a economía social de Galicia.
https://espazo.coop/
A nosa cooperativa é socia fundadora da sección territorial galega de Coop57, creada no ano 2009. Actualmente Ardora exerce a presidencia da sección territorial galega Coop 57 Galicia.
https://www.coop57.coop/es/galiza
A Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria (REAS) busca favorecer un modelo solidario e colaborativo onde primen as persoas e as súas necesidades por riba da rentabilidade.
Abertos ao Galego é un certificado que se concede ás empresas que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do galego. Formamos parte do programa Abertos ao galego desde o ano 2009.
https://www.amesa.gal/abertos-ao-galego
Ben Mercado é unha plataforma común de venda en liña na que entidades da economía social galega poñen en venda os seus produtos e servizos respectando os principios da democracia e a igualdade en busca dunha sociedade máis xusta e sustentable.
https://benmercado.gal
Ardora apoiou este proxecto do CIFP Carlos Oroza posto en marcha mediante crowfounding. O proxecto consistiu na mellora da horta onde o alumnado fai crecer os vexetais que servirán de base para as súas creacións culinarias.
https://bit.ly/3hBPqkc